segunda-feira, 24 de setembro de 2012

Briante informa de publicacións de moito interese, en especial para as persoas que forman parte da Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios

A Asociación de Economía Social Briante, a promotora, dentro do Encontro Social, da cooperativa Arméria, informa da públicación de

Alter Nativas: Boletin TURISMO E DESENVOLVEMENTO-9

Neste boletín abordan-se a modificación da nova lei de costas, e coñecemos un pouco mellor a Tucum - Rede cearense de turismo comunitario.

Podedes descargarvos o mesmo en:

http://www.nativas.org/t-res/TurismoyDesarrollo_9.pdf

Así mesmo achegan o enlace ao artigo escrito polos compañeiros Jordi Gascón, Xabier Montagut e Ernest Cañada sobre Eurovegas.

http://rebelion.org/noticia.php?id=156075

Enlace da moi interesante web de Alter-Nativas:

www.nativas.org

|||||||||||||||||

segunda-feira, 10 de setembro de 2012

A Cooperativa Arméria constitúe Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios e convoca ás comunidades educativas da comarca a unirse á iniciativa

Arméria é unha Cooperativa sen ánimo de lucro, constituída en Ferrol o pasado mes de abril. Un grupo de persoas asociadas á cooperativa, e vinculadas co mundo do ensino, constituíron unha Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios.

A motivación para esta iniciativa, xurde dunha realidade coa que se están atopando todas as comunidades educativas: cada vez resulta máis difícil para moitas familias, poder custear viaxes escolares, que por outra banda resultan fundamentais para completar a formación dos nenos e nenas.

En Arméria existe  o convencemento de que, co apoio mutuo entre comunidades escolares, movementos e organizacións sociais, podemos crear alternativas e proxectos de colaboración, que garantan, máis aínda nestes tempos de dificultade, que os nenos e nenas dos centros públicos podan seguir tendo ao seu alcance ese xeito lúdico de aprender que é viaxar.

No convencemento de que esta mesma preocupación, é compartida pola maioria da comunidade educativa, é polo que a Cooperativa Armeria organiza unha xuntanza onde poder intercambiar ideas e proxectos que axuden a dar solucións conxuntas, ao longo deste curso que comeza, a esta problemática.

A xuntanza terá lugar ás 18hs, o luns, 10 de setembro, no Ceip Manuel Masdías de Caranza, e a ela están convidadas tanto o profesorado como as ANPAS dos centros públicos da comarca.

http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/

||||||||||||||||||||||