Estimad@s compas:
Presento a proposta de viaxes solidarios para mandar a outros coles da España e Portugal, Italia esta preto pero aínda verde aínda que teño algún contacto.
Votádelle un ollo. Teremos moito que traballar sobre isto. Como é un proxecto de traballo cooperativo en rede, de moitas partes supoño que tódalas partes iran facendo aportes ao proxecto e teremos que ir completando pouco a pouco.
Aproveitando o “III Encuentro Nacional de Docentes en Educación para el Desarrollo: creando redes”, irán sobre 80 centros públicos, e moitos deles están en contacto con outros centros. Invítanme tódolos anos e este ano avisei de que quería presentar a rede de viaxes solidarios.
Propoño que en Ferrolterra organicemos un taller para desenvolvelo obxectivo n º 2 do xa temos falado:
-Desenvolver actividades nos centros escolares e no contorno para crear un fondo que permita que ningún alumn@ quede sen viaxe solidario15 de outubro de 2012 20:32
Manuel Rivera | manolorivera@mundo-r.com
|||||||||||||||||||
Nenhum comentário:
Postar um comentário